Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

EL ABRAZO DE LAS TINIEBLAS, Morgan Rhodes

Historias cargadas de maxia, aventuras, ritmo, amor...  Vas deixalas nos andeis???? Unha saga de temática fantástica! El abrazo de las tinieblas é a terceira entrega da  saga La caída de los reinos de Morgan Rhodes. 

EL CÓDIGO DE CRUEL, James Dashner

Precuelas de El corredor del laberinto!!!

NEUROCIENCIA & PSICOLOGÍA, de El País

O proxecto de El País por achegarnos os temas imprescindibles sobre a  psicoloxía e a neurociencia deu lugar a unha colección de carácter divulgativo que podedes atopar na vosa biblioteca. Tres novos títulos está xa á vosa disposición: Creando el mundo Las neuronas espejo El mapa del cerebro

EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA, Luis Mariscal

Cando García Lorca contaba con tan só 18 anos, iniciou unha viaxe por Castela-León e Galicia. Con outros catro compañeiros e un profesor, Martín Domínguez Berrueta, comeza unha andaina que o leva á decisión de se converter en escritor. Este libro, narrado por un dos seus compañeiros, recolle a crónica completa desa viaxe: as etapas, as paisaxes que se atopan, as persoas que coñecen... e as impresións que todo iso lle provocan ao autor. Pero non é a única voz que nos fala porque Luis Mariscal introduce nesta obra as impresións que o propio García Lorca plasma en diferentes textos como poden ser as súas cartas persoais ou o seu libro Impresiones y paisajes (1918). Resulta tamén moi interesante  a reportaxe fotográfica realizada durante a viaxe que acompaña o texto. Non podedes deixar de desfrutalo!

CINSA NA BOCA, Monserrat Yoldi Sanmartín

Non deixedes de ler este poemario de Monserrat Yoldi Sanmartín. Esta escritora, que no centro coñecemos ben, mestura con elegancia o lirismo propio do xénero poético e o compromiso social, que a caracteriza como persoa, abordando temas tan actuais como o drama dos refuxiados. Sentimento que nos forma como persoas!

FÓRA DE SI, Suso de Toro

Podemos volver a empezar? Segundo Suso de Toro, si. Nesta obra de personaxes, o autor reflexiona sobre a posibilidade de "resucitar" cando a vida nos leva a momentos en que parecemos vivir nun inferno. Partindo dos seus temas habituais, relacións familiares pais-fillos, irmáns..., adéntranos nun mundo persoal en crise no que a masculinidade e a feminidade xogan un papel importante na obrigada reflexión para deixar atrás o pasado e poder cambiar de vida .

NOITES DE SAFARI, Marleen MaLone

A escritora Iolanda Zúñiga reaparece con esta novela xogando cun heterónimo que a distancia do que escribe. Intenta provocar, transgredir, superar tabús e facernos rir introducíndonos nun mundo urbano de ambientación musical e cinematográfica; e reflexiona sobre as relacións persoais de maneira sarcástica e ridiculizadora co fin de retratar os conflitos interpersoais dos nosos tempos. Non esquece os comportamentos machistas que caracterizan a nosa sociedade, mesmo no mundo da literatura.

EL DESTELLO, James Dashner

Así comezou todo... A precuela de  El corredor del laberinto

NACHO CAMACHO, Rodrigo Jota e Jano

E como acabamos de pasar polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e nós nos queremos deixar de facer todo e máis pola igualdade... aquí vos presentamos a Nacho Camacho un "macho" un "macho alfa" un machista visto polos ollos destes dous artistas que fan unha caricatura moi divertida deste elemento!

O FILLO DA FURIA e OS DÍAS DO COMETA, Manolo López Poy / Miguel Fernández

Outras dúas entregas en BD que tocan aspectos da nosa historia! Con O fillo da furia adentrámonos no mundo dos bandoleiros a través da figura de Mamed Casanova, natural de Ortigueira, quen acabou por botarse ao monte cando outros collían o camiño da emigración ás Américas. Está baseada nunha historia real de finais do século XIX e principios do XX. Por outro lado, Os días do cometa céntrase na década dos 80 en Galicia, nun contexto político marcado pola transición e a chegada a corrupción, as drogas, as mortes sen sentido... Xénero negro, realismo decadente, mundos escuros

A TORRE DOS MOUROS e OS LOBOS DE MOECHE, Manel Cráneo

Manel Cráneo é o autor destes dous libros de banda deseñada a través dos que podemos coñecer, dunha maneira divertida, a nosa historia. Os lobos de Moeche  está   ambientada no século XV e ten as Revoltas Irmandiñas como protagonistas indiscutibles. A torre dos mouros  parte dos resultados dunhas escavacións feitas no ano 2012 e amósanos a Galicia da Costa da Morte durante os séculos IX e X. Son dúas obras cheas de aventuras que vos van encantar! E para abrir boca podedes facer clic sobre as imaxes!

Saga METRO, Dmitry Glukhovsky

Ano 2033... posguerra, devastación... Outra saga de literatura xuvenil cunha visión apocalíptica do futuro da nosa civilización. Tras a guerra nuclear do 2013, os superviventes viven refuxiados no Metro de Moscú... son os únicos?

EL CORREDOR DEL LABERINTO (II e III), James Dashner

  A distopía, tan en voga nos últimos tempos, está tamén presente nestas obras de James Dashner.  Ofrécenos unha visión do mundo na que o ser humano, convertido nunha ameaza incluso para si mesmo, vive recluído nun lugar clautrofóbico. Pero algo os desperta e comezan a desexar a liberdade!

RICK RIORDAN, Las crónicas de Kane

Velaquí están! Por fin temos na biblioteca os libros máis demandados de Rick Riordan. Trouxemos a saga completa de Las crónicas de Kane. Para os que non as coñecedes, trátase dunha serie de aventuras baseada na mitoloxía exipcia e situada na actualidade. Os protagonistas, dous irmáns que viven distanciados, descobren que son descendentes de antigos faraóns. Na primeira entrega, cando un deles se atopa en perigo, o outro non dubidará en lanzarse na súa axuda. O resto da historia tes que descubrila ti!!!  

TODO O MUNDO, Anja Tuckermann

Non deixes de lelo! En formato infantil, pero temática universal, Anjia Tuckermann ofrécenos esta marabillosa visión da diversidade cultural enriquecedora; repasa a historia das migracións do ser humano, sempre presentes na nosa historia; e regálanos unha preciosa historia de convivencia.

O DEMO & EU, Alcimar Frazão

Estoutra novela gráfica que vos trouxemos preséntanos a Robert Johnson, un dos máis grandes cantantes e compositores de blues.  Hai quen di que para triunfar tivo que venderlle a alma ao demo!

Novelas Gráficas

A editorial Peguin Random House /Lumen vén publicando unha serie de novelas gráficas que recrean grandes obras da literatura universal ou homenaxean recoñecidas figuras femininas de todos os ámbitos nestas pequenas novelas gráficas cheas de calidade artística. Non vos perdades estas que agora vos traemos!!!

LA CIUDAD DE CRISTAL, Paul Auster

Presentámosvos unha adaptación á Banda deseñada desta novela de Paul Auster, quen en 2006 recibiu o Premio príncipe de Asturias . "Todo empezó con un número equivodado" O protagonista involúcrase no misterio despois de recibir unha chamada de teléfono na que afirma ser o detective polo que preguntan.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...