Saltar ao contido principal

A TORRE DOS MOUROS e OS LOBOS DE MOECHE, Manel Cráneo

Manel Cráneo é o autor destes dous libros de banda deseñada a través dos que podemos coñecer, dunha maneira divertida, a nosa historia.

Os lobos de Moeche está ambientada no século XV e ten as Revoltas Irmandiñas como protagonistas indiscutibles.
A torre dos mouros parte dos resultados dunhas escavacións feitas no ano 2012 e amósanos a Galicia da Costa da Morte durante os séculos IX e X.

Son dúas obras cheas de aventuras que vos van encantar!

E para abrir boca podedes facer clic sobre as imaxes!


Comentarios

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...