Coas novidades que vos
presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión, acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda!
Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La
leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión. Imaxinas que
mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para
sobrevivir?
Os protagonistas
desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia
e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará
que se cuestionen as bases de toda a educación recibida.
Varias da obras que vos presentamos falan, xa
desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos aprender a sortear:
Outras veces, salvamos os obstáculos coa esperanza e a solidariedade, coa paz e a liberdade, que son as únicas armas contra o drama dos refuxiados que se retrata en Unha longa viaxe.
O humor é o filtro que Paasilinna utiliza en O
ano da lebre para reflexionar sobre a nosa sociedade, abafante e destrutora, do
individuo a da natureza. Unha pequena anécdota leva a Kaarlo Vatanen, o
protagonista, a unha viaxe que lle cambiará a vida.

El Viaje de Patty:
Hola.
Soy Patty Dragona, soy gamer, youtuber, ecologista y apasionada. Me encantan
los videojuegos, la naturaleza, los perros y mi pelo rojo. Soy muy guerrera y
cuando algo me gusta estoy dispuesta a todo para conseguirlo.
Bienvenidos a mi mundo!
Comentarios
Publicar un comentario