Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non! Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión. Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debe...
Penelope Bagieu decidiu dar voz ás mulleres que souberon transformar as súas vidas a pesar das dificultades que as circunstancias lles poñían diante. E faino creando viñetas nas que narra as historias destas combativas e valorosas mulleres.
Con estes dous novos títulos completamos, de momento, a saga de La caída de los reinos de Morgan Rhodes. Continúan as loitas entre os tres reinos que constitúen a illa Mytica, agora ameazada por unha marea de xeo, polas traizóns, as alianzas e... o destino!!! Visita a páxina da editorial para coñecer m áis.
Comentarios
Publicar un comentario