Saltar ao contido principal

EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA, Luis Mariscal

Cando García Lorca contaba con tan só 18 anos, iniciou unha viaxe por Castela-León e Galicia.
Con outros catro compañeiros e un profesor, Martín Domínguez Berrueta, comeza unha andaina que o leva á decisión de se converter en escritor.

Este libro, narrado por un dos seus compañeiros, recolle a crónica completa desa viaxe: as etapas, as paisaxes que se atopan, as persoas que coñecen... e as impresións que todo iso lle provocan ao autor.

Pero non é a única voz que nos fala porque Luis Mariscal introduce nesta obra as impresións que o propio García Lorca plasma en diferentes textos como poden ser as súas cartas persoais ou o seu libro Impresiones y paisajes (1918).

Resulta tamén moi interesante  a reportaxe fotográfica realizada durante a viaxe que acompaña o texto.

Non podedes deixar de desfrutalo!

Comentarios

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...