Saltar ao contido principal

LUME DE COBIZA, Miguel Anxo Fernández

Lume de cobiza  é a cuarta entrega da aventuras do detective Frank Soutelo, de orixe galega afincado en Los Ángeles. 

Frank vén de vacacións en agosto de 2006 a Muros, á casa da súa tía e a súa curmá. Aquí atópase cunha polémica vaga de incendios forestais que se imputan a intereses urbanísticos, ás persoas que traballan na extinción de incendios, e mesmo a motivos políticos.

A súa curmá pídelle que axude a unha amiga de Sanxenxo á que lle morreu o fillo e cuxa familia sospeita que foi unha morte inducida. A través da investigación mergullámonos no mundo da especulación urbanística.

Personaxes como o sepultureiro Sugar Jones, que di andar por Galiza como doutor participante nun congreso, unha detective local que o axuda no caso e un ex-gardacivil que rexenta un bar en Muros, completan esta historia de actualidade. 

Comentarios

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...