Saltar ao contido principal

OS FILLOS DO LUME, Pedro Feijoo


Poucas cousas cambian a vida dunha persoa.
Presenciar un asasinato é unha delas.

A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación

Comentarios

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...