Saltar ao contido principal

KAZUO ISHIGURO

Este ano a Academia Sueca outorgou o Premio Nobel de Literatura ao escritor británico de orixe xaponesa Kazuo Ishiguro.

El gigante enterradoúltima novela que publicou o autor, está ambientada en Inglaterra, aínda que a acción transcorre durante a Idade Media. Ishiguro constrúe unha narración na que pescuda sobre temas como a memoria, o esquecemento, os fantasmas do pasado, o sangue e a traizón que normalmente arrastra a creación das patrias. Aínda que o ambiente nos traslada a un pasado remoto, o autor trata os eternos temas e dilemas que nos inquietan.

Outra das grandes historias contadas por este novelista británico é Nunca me abandones, pola que foi nominado ao premio Booker en 2005. Trátase dunha ficción distópica que narra o proceso de desenvolvemento e aprendizaxe dunha nena, Kathy H., internada nun centro en Inglaterra. O lector irá descubrindo que alí todo é una representación onde os mozos non saben que o son, e tampouco saben que non son máis que o segredo terrible da boa saúde dunha sociedade.
Esta novela conta cunha adaptación cinematográfica que dirixiu Mark Romanek en 2010.

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...