Saltar ao contido principal

CARBALLO. DERRUBANDO MUROS CON PINTURA. Xulio Gil

O proxecto Derrubando Muros con Pintura, que se culmina cada ano cun Rexenera Fest que converte Carballo na capital galega da arte urbana deu un novo paso. Salta das fachadas ás páxinas dun libro.

Detrás do libro, da editorial Engaiolarte, atopamos a Xan Carballa e Xulio Gil. Co prólogo do escritor Xurxo Chapela, o libro recolle todos os murais que levan transformando a vila nos últimos anos, acompañados por textos de autores e xornalistas carballeses: sobre os traballos de Bordalo II, Pixel Pancho, Nómada, Aryz, Dulk, Case Maclaim, Hyuro, No3l, Natalia Rak e Isaac Mahow deixan as súas suxestivas impresións Henrique Mariño, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, Rosalía Fernández Rial, Ignacio Silva, Santi Pazos, Santi Garrido, Patricia Blanco, Farruco Graña e Belén Puñal.

Comentarios

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...