Saltar ao contido principal

CAMIÑOS NA AUGA, Manuel Núñez Singala

O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por casualidade e na que se acaba por recoñecer: 

"SON UN NEGRO / A MIÑA PEL É BRANCA / E ISO GÚSTAME / É A DIFERENZA O QUE É BONITO"

Todos somos diferentes ou todos somos iguais?
Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da diferenza contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). 
Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e que fai a través dunha viaxe iniciática.

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...