Saltar ao contido principal

A FERIDA DO VENTO, Antón Riveiro Coello


En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.
O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida. 
O autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a representación exquisita do paso da infancia á adolescencia.

As máis vistas

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...