Saltar ao contido principal

Publicacións

Lecturas para reflexionar

Coas novidades que vos presentamos esta semana queremos levarvos a unha viaxe pola reflexión , acción menosprezada que nós non imos deixar que se perda! Comezamos presentando a obra máis suave, La chica que patina y el tonto que la quiere , que nos fala da importancia de loitar polos nosos soños. Neste libro tamén atopamos boas doses de amor, amizade e aventuras, como non!   Aínda que desde unha perspectiva fantástica, La leyenda de las tierras raras tamén nos invita á reflexión.  Imaxinas que mañá espertas nun mundo no que tes que afrontar incribles e crueis probas para sobrevivir? Os protagonistas desta historia pasan dun mundo idílico a un mundo distópico onde a competencia e a loita pola supervivencia van levalos a unha misteriosa misión que provocará que se cuestionen as bases de toda a educación recibida. Varias da obras que vos presentamos falan, xa desde un punto de vista máis realista, das pedras no camiño que podemos atopar na vida e que debemos apren
Publicacións recentes

VALEROSAS, Penelope Bagieu

Penelope Bagieu decidiu dar voz ás mulleres que souberon transformar as súas vidas a pesar das dificultades que as circunstancias lles poñían diante.  E faino creando viñetas nas que narra as historias destas combativas e valorosas mulleres.

EL FUTURO ES FEMENINO, Guerrero, Hesse, Santos, Naranjalidas, Desidia, Agustí, Pancorbo, Arrazola, Cano

Dezaseis escritoras e ilustradoras unidas en prol da muller. Aínda que contos, o punto de partida de todos eles é a vida mesma: situacións cotiás que as mulleres nos vemos obrigadas a vivir cada día e que non poden seguir sendo agochadas. No twiter da editorial Nube de tinta podedes seguir esta e outras interesantes obras.

CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES, Favilli e Cavallo

Unha sociedade en evolución ten que cambiar os estereotipos; por iso estes libros son imprescindibles para unha educación que rompa coas desigualdades de xénero. Trátase de dous volumes que inclúen cadansúas cen biografías, explicadas a modo de conto por Elena Favilli, e acompañadas das magníficas ilustracións de Francesca Cavallo.   Visitade a Web da editorial para saber máis sobre esta obra.

LAS PRUEBAS DE APOLO, Rick Riordan

Se na anterior entrada completabamos unha saga, con esta estreamos a nova serie de Rick Riordan, Las pruebas de Apolo. Trátase dunha secuela de Los heroes del Olimpo, que tan ben coñecedes. Así que non vos perdades estas novelas de fantasía e aventuras inspiradas na mitoloxía! Xa contamos coas dúas primeiras entregas:   E, se queredes saber máis desta nova saga, entrade na páxina

Saga LA CAÍDA DE LOS REINOS, Morgan Rhodes

Con estes dous novos títulos completamos, de momento, a  saga de La caída de los reinos  de Morgan Rhodes.   Continúan as loitas entre os tres reinos que constitúen a illa Mytica, agora ameazada por unha marea de xeo, polas traizóns, as alianzas e... o destino!!! Visita a páxina da editorial para coñecer m áis.

PIONEIRAS, Anaír Rodríguez e Nuria Díaz

Aínda que a historia pretendeu silencialas, moitas mulleres non aceptaron deixar o papel protagonista unicamente aos homes. Este libro cóntanos as historias de grandes mulleres galegas que fixeron historia!

O TESOURO DE CARRAXE, David Prieto (GoChi)

Estamos ante unha entrega de Trasmallo, un pirata do século XVII que ten unha escola de piratas en Rianxo. Desta vez vémolo na busca dun tesouro enterrado por un pirata nas terras da Barbanza!

O BICHERO, Luís Davila

Humor gráfico moi galego: retranca, ironía, mundo rural... E temas que todos coñecemos e sufrimos na nosa vida. Que mellor que rir de nós mesmos? Coñecédeo tamén a través do seu blog!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...